“La neurocientífica y profesora gallega Sonia
Villapol Salgado (2ª i.), jefa de laboratorio en el Centro Médico de Texas, en
Houston (Estados Unidos) presentó ayer en Vigo su libro “Consciencia. A ciencia que nos rescatou da pandemia” (Xerais).
Desde su punto de vista personal, pero con rigor científico, Villapol, que
integró el grupo de investigación internacional Cov-Irt, cuenta cómo
reaccionamos a la pandemia de COVID-19, cómo la ciencia fue la tabla de
salvación aportando terapias y vacunas, y cómo podremos afrontar mejor los
desafíos del futuro gracias a lo aprendido. En el acto celebrado en la librería
Cartabón, estuvo acompañada por los periodistas Alberto Avendaño, María Xosé
Porteiro y Rafa López, jefe de Sociedad de FARO”.
Redacción. (28 de julio de 2023). Villapol presenta en Vigo su libro sobre la pandemia. Faro de Vigo.Página 27.
“Sonia
Villapol Salgado. Neurocientífica gallega en Houston”. “Implantar sistemas
de filtrado de aire cambiaría las enfermedades infecciosas”. “Tras la pandemia
se percibe que los científicos tenemos una utilidad para la sociedad”.
A MEDICINA PERSONALIZADA DE PRECISIÓN E INTEGRATIVA DO FUTURO
A investigadora nos fala no seu artigo
do cambio que debe dar a medicina no seu futuro e pasar dunha medicina
convencional a una medicina personalizada de precisión e integrativa:
“Tenemos un segundo cerebro en los
intestinos porque hay neuronas. Es algo inexplorado porque no disponíamos de
las herramientas informáticas para analizarlo y la secuencia era carísima.
Ahora podemos hacer metagenómica por cien dólares. Y la metagenómica no solo te
aporta el nombre de las especies de bacterias, también información sobre su
función real, qué puede estar alterado, qué puede ser un biomarcador. Va a ser
revolucionario. En el futuro nos darán el análisis de nuestra microbiota, y,
dependiendo de qué bacteria tengamos, nos reforzarán una u otra para que un
medicamento funcione mejor. Será medicina individualizada para cada persona. Y
todo se va abaratar. “
López, R. (23 de julio de 2023). Implantar sistemas de filtrado de aire cambiaría las enfermedades infecciosas”. Faro de Vigo. Páginas 34 y 35.
“ A crecente
dispoñibilidade de datos biomédicos de grandes biobancos a nivel internacional,
imaxes radiolóxicas, rexistros de saúde electrónicos, biosensores portátiles,
análise de marcadores metabólicos e o menor custo da secuenciación do xenoma e
do microbioma sentaron as bases para o desenvolvemento de solucións multimodais
de intelixencia artificial que capturan a complexidade da saúde humana e da
enfermidade.
A ciencia xa
dispón destas ferramentas, a que agarda a medicina para aplicalas e mellorar as
diagnoses e facer os tratamentos máis efectivos? As novas tecnoloxías como a
xenómica está permitíndolles aos médicos e investigadores deseñar tratamentos
personalizados dirixidos a condicións específicas, e este é o futuro que está a
adopción da medicina personalizada (Figura 15.1)
Villapol, Sonia
(2023): “Consciencia. A ciencia que nos
rescatou da pandemia” (p.262). Edicións Xerais de Galicia S.A.
No primeiro
capítulo do seu libro Sandra Villapol cóntanos como se formou o equipo de
investigación internacional do COVID (COV-IRT) e cal foi o seu traballo:
“Un grupo de
investigadores de varias institucións en Houston, incluídas universidades,
centros de investigacións, hospitais e a NASA, comezamos a reunirnos para compartir información sobre
o novo coronavirus e as investigacións que se estaban facendo en todo o mundo.
As reunións en liña a través da plataforma Zoom estaban cargadas de entusiasmo
acompañadas dunha riada de preguntas e respostas, , discusións e inquietudes
compartidas. A finalidade primordial era establecer colaboracións na medida en
que se puidese, e sobre todo compartir o coñecemento do que se dispoñía para
tratar de entender o comportamento do novo coronavirus e da enfermidade que
causaba. Comezamos a reunirnos cada semana e o grupo axiña se ampliou, uníndose
científicos de máis estados norteamericanos. Poucas semanas despois estendeuse
globalmente, sumádose científicos de varios países. A este grupo de traballo
chamámoslle “Equipo de Investigación Internacional da COVID ou Cov-irt (siglas
en inglés). A misión non podía ser outra: loitar fronte a unha crise sanitaria.
Tiñamos que estar espertos e en alerta ante a avalancha de información que nos
estaba a chegar. Que esta información fose feita nun contexto de ciencia aberta
permitiu establecer colaboracións sen intereses individuais ou loitas polas
patentes. Isto foi fundamental desde os inicios. Ás tres semanas de formarse
Cov-irt xa eramos setenta e catro científicos e científicas de múltiples
disciplinas procedentes de vinte e oito institucións académicas distintas.
Xuntar os esforzos e compartir resultados sen individualismos era o obxectivo
principal. Foi realmente emocionante e fascinante ser testemuña e partícipe de
como a cooperación científica se mobilizou para dar cunha solución ante unha
crise de tal magnitude e de emerxencia sanitaria a nivel mundial”
[…]
“As miñas
investigacións centráronse nestas liñas: como o virus afecta o noso cerebro,
como a enfermidade cambia a flora intestinal e mesmo nos síntomas da Covid
persitente. A información chegaba por contagotas e a rapidez en transmitir
información científica corroborada coas fontes máis fiables foi unha
necesidade. A sociedade precisou que a ciencia explicase como avanzaban as
investigacións, e por iso penso que era a miña obriga e o meu compromiso
transmitir esta información, sobre todo á xente en Galicia. A pesar disto, por
diante de divulgadora científica, considérome máis ben unha científica que fala
do seu traballo, e sempre me gustou marcar esa diferenza”.
Villapol, Sonia
(2023): “Consciencia. A ciencia que nos
rescatou da pandemia” (pp.42 e 43). Edicións Xerais de Galicia S.A.
Para rematar este
artigo sobre este libro recollo dous parágrafos da autora sobre a EMOCIÓN e o
COÑECEMENTO que me encantaron e, que co seu permiso, comparto con vostedes:
“ O bioquímico e
premio Nobel asturiano, o doutor Severo Ochoa, foi un dos meus ídolos na miña
adolescencia, tanto que mesmo fun á súa vila natal de Luarca en varias ocasións
para ver a casa onde nacera este bioquímico universal. Descubrín na súa
biografía a súa traxectoria profesional, que me inspirou en moitos sentidos ao
longo da miña vida. É doado percibir a súa paixón pola ciencia, que era
contaxiosamente inspiradora. Don Severo acostumaba dicir que “a ansia por investigar consiste en
arrincarlle os segredos á vida, e non existe nada que produza maior emoción”.
Poucas certezas superan esta sentenza.
É certo que a
ciencia e o coñecemento, ademais de apaixonar, tamén poden eliminar o medo e
sacarnos da incerteza, tal e como ocorreu durante a pandemia . Tamén chegou a
cultura, a literatura e a arte para abrir as mentes e liberarnos de opresións,
inda que isto custase vidas nalgunhas etapas da historia. O coñecemento é liberador, dá tranquilidade e sosego, permite respirar
fondo e pasar á acción con serenidade. De aí a importancia de estar rodeada de
xente con coñecementos de quen absorber a sabedoría que nos fai libres”.
Villapol, Sonia
(2023): “Consciencia. A ciencia que nos
rescatou da pandemia” (p.251). Edicións Xerais de Galicia S.A.
E para rodearme de xente sabia, como di Sonia Villapol fun esa tarde a Libraría Cartabón e podedes ver no vídeo todo o que alí aconteceu.
Un agradecemento moi profundo a Editorial Xerais e a todas as persoas que nos agasallaron un rato cheo de sabedoría e complicidade.
Con agarimo.
Paulino.
(@iglesias.paulino)
Vídeo da Libraría Cartabón.
Fuente : https://www.youtube.com/watch?v=lRs1Yz7dJ1c