jueves, 10 de agosto de 2023

Consciencia


        O xoves 27 de xullo tiven o pracer de asistir a presentación do libro da neurocientífica Sonia Villapol na Librería Cartabón de Vigo, noticia que a redacción do Faro de Vigo recolleu o día seguinte deste xeito:

         “La neurocientífica y profesora gallega Sonia Villapol Salgado (2ª i.), jefa de laboratorio en el Centro Médico de Texas, en Houston (Estados Unidos) presentó ayer en Vigo su libro “Consciencia. A ciencia que nos rescatou da pandemia” (Xerais). Desde su punto de vista personal, pero con rigor científico, Villapol, que integró el grupo de investigación internacional Cov-Irt, cuenta cómo reaccionamos a la pandemia de COVID-19, cómo la ciencia fue la tabla de salvación aportando terapias y vacunas, y cómo podremos afrontar mejor los desafíos del futuro gracias a lo aprendido. En el acto celebrado en la librería Cartabón, estuvo acompañada por los periodistas Alberto Avendaño, María Xosé Porteiro y Rafa López, jefe de Sociedad de FARO”.

Redacción. (28 de julio de 2023). Villapol presenta en Vigo su libro sobre la pandemia. Faro de Vigo.Página 27. 



        O periodista Rafa López dende as páxinas de Sociedade do Faro de Vigo deunos a coñecer a Sonia Villapol Salgado nunha entrevista baixo os seguintes titulares:

         Sonia Villapol Salgado. Neurocientífica gallega en Houston”. “Implantar sistemas de filtrado de aire cambiaría las enfermedades infecciosas”. “Tras la pandemia se percibe que los científicos tenemos una utilidad para la sociedad”.



 A MEDICINA   PERSONALIZADA   DE   PRECISIÓN   E INTEGRATIVA   DO   FUTURO

        A investigadora nos fala no seu artigo do cambio que debe dar a medicina no seu futuro e pasar dunha medicina convencional a una medicina personalizada de precisión e integrativa: 

        “Tenemos un segundo cerebro en los intestinos porque hay neuronas. Es algo inexplorado porque no disponíamos de las herramientas informáticas para analizarlo y la secuencia era carísima. Ahora podemos hacer metagenómica por cien dólares. Y la metagenómica no solo te aporta el nombre de las especies de bacterias, también información sobre su función real, qué puede estar alterado, qué puede ser un biomarcador. Va a ser revolucionario. En el futuro nos darán el análisis de nuestra microbiota, y, dependiendo de qué bacteria tengamos, nos reforzarán una u otra para que un medicamento funcione mejor. Será medicina individualizada para cada persona. Y todo se va abaratar. “

        López, R. (23 de julio de 2023). Implantar sistemas de filtrado de aire cambiaría las enfermedades infecciosas”. Faro de Vigo. Páginas 34 y 35.



         No seu libro tamén comenta varias veces as características da nova medicina personalizada de precisión e integrativa e comenta:

        “ A crecente dispoñibilidade de datos biomédicos de grandes biobancos a nivel internacional, imaxes radiolóxicas, rexistros de saúde electrónicos, biosensores portátiles, análise de marcadores metabólicos e o menor custo da secuenciación do xenoma e do microbioma sentaron as bases para o desenvolvemento de solucións multimodais de intelixencia artificial que capturan a complexidade da saúde humana e da enfermidade.

        A ciencia xa dispón destas ferramentas, a que agarda a medicina para aplicalas e mellorar as diagnoses e facer os tratamentos máis efectivos? As novas tecnoloxías como a xenómica está permitíndolles aos médicos e investigadores deseñar tratamentos personalizados dirixidos a condicións específicas, e este é o futuro que está a adopción da medicina personalizada (Figura 15.1)

        Villapol, Sonia (2023): “Consciencia. A ciencia que nos rescatou da pandemia” (p.262). Edicións Xerais de Galicia S.A.



UNHA   CIENTÍFICA   QUE   FALA   DO   SEU   TRABALLO

        No primeiro capítulo do seu libro Sandra Villapol cóntanos como se formou o equipo de investigación internacional do COVID (COV-IRT) e cal foi o seu traballo:

        “Un grupo de investigadores de varias institucións en Houston, incluídas universidades, centros de investigacións, hospitais e a NASA, comezamos  a reunirnos para compartir información sobre o novo coronavirus e as investigacións que se estaban facendo en todo o mundo. As reunións en liña a través da plataforma Zoom estaban cargadas de entusiasmo acompañadas dunha riada de preguntas e respostas, , discusións e inquietudes compartidas. A finalidade primordial era establecer colaboracións na medida en que se puidese, e sobre todo compartir o coñecemento do que se dispoñía para tratar de entender o comportamento do novo coronavirus e da enfermidade que causaba. Comezamos a reunirnos cada semana e o grupo axiña se ampliou, uníndose científicos de máis estados norteamericanos. Poucas semanas despois estendeuse globalmente, sumádose científicos de varios países. A este grupo de traballo chamámoslle “Equipo de Investigación Internacional da COVID ou Cov-irt (siglas en inglés). A misión non podía ser outra: loitar fronte a unha crise sanitaria. Tiñamos que estar espertos e en alerta ante a avalancha de información que nos estaba a chegar. Que esta información fose feita nun contexto de ciencia aberta permitiu establecer colaboracións sen intereses individuais ou loitas polas patentes. Isto foi fundamental desde os inicios. Ás tres semanas de formarse Cov-irt xa eramos setenta e catro científicos e científicas de múltiples disciplinas procedentes de vinte e oito institucións académicas distintas. Xuntar os esforzos e compartir resultados sen individualismos era o obxectivo principal. Foi realmente emocionante e fascinante ser testemuña e partícipe de como a cooperación científica se mobilizou para dar cunha solución ante unha crise de tal magnitude e de emerxencia sanitaria a nivel mundial”

[…]

        “As miñas investigacións centráronse nestas liñas: como o virus afecta o noso cerebro, como a enfermidade cambia a flora intestinal e mesmo nos síntomas da Covid persitente. A información chegaba por contagotas e a rapidez en transmitir información científica corroborada coas fontes máis fiables foi unha necesidade. A sociedade precisou que a ciencia explicase como avanzaban as investigacións, e por iso penso que era a miña obriga e o meu compromiso transmitir esta información, sobre todo á xente en Galicia. A pesar disto, por diante de divulgadora científica, considérome máis ben unha científica que fala do seu traballo, e sempre me gustou marcar esa diferenza”.

        Villapol, Sonia (2023): “Consciencia. A ciencia que nos rescatou da pandemia” (pp.42 e 43). Edicións Xerais de Galicia S.A.

        Para rematar este artigo sobre este libro recollo dous parágrafos da autora sobre a EMOCIÓN e o COÑECEMENTO que me encantaron e, que co seu permiso, comparto con vostedes:

        “ O bioquímico e premio Nobel asturiano, o doutor Severo Ochoa, foi un dos meus ídolos na miña adolescencia, tanto que mesmo fun á súa vila natal de Luarca en varias ocasións para ver a casa onde nacera este bioquímico universal. Descubrín na súa biografía a súa traxectoria profesional, que me inspirou en moitos sentidos ao longo da miña vida. É doado percibir a súa paixón pola ciencia, que era contaxiosamente inspiradora. Don Severo acostumaba dicir que “a ansia por investigar consiste en arrincarlle os segredos á vida, e non existe nada que produza maior emoción”. Poucas certezas superan esta sentenza.

        É certo que a ciencia e o coñecemento, ademais de apaixonar, tamén poden eliminar o medo e sacarnos da incerteza, tal e como ocorreu durante a pandemia . Tamén chegou a cultura, a literatura e a arte para abrir as mentes e liberarnos de opresións, inda que isto custase vidas nalgunhas etapas da historia. O coñecemento é liberador, dá tranquilidade e sosego, permite respirar fondo e pasar á acción con serenidade. De aí a importancia de estar rodeada de xente con coñecementos de quen absorber a sabedoría que nos fai libres”.

        Villapol, Sonia (2023): “Consciencia. A ciencia que nos rescatou da pandemia” (p.251). Edicións Xerais de Galicia S.A.

         E para rodearme de xente sabia, como di Sonia Villapol fun esa tarde a Libraría Cartabón e  podedes ver no vídeo todo o que alí aconteceu.

        Un agradecemento moi profundo a Editorial Xerais e a todas as persoas que nos agasallaron un rato cheo de sabedoría e complicidade.

       Con agarimo.

        Paulino.

        (@iglesias.paulino)

        Vídeo da Libraría Cartabón.

         Fuente : https://www.youtube.com/watch?v=lRs1Yz7dJ1c





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario